Críticas persoais sobre as películas e series que vou descubrindo

Isto é Cinefilia, un espazo onde se comparten críticas persoais sobre as películas e series que vou descubrindo. Aquí poderás ler as miñas opinións e valoracións sobre cada un destes filmes e producións, facendo fincapé nas impresións que me deixan ao rematar de visitalas.

O obxectivo deste blog é crear un rexistro de todas as historias e emocións que estas obras me transmiten, a medida que as vexo, intentando sacar unha publicación nova cada sábado. Gozade explorando este universo de cine e series!

Blog de opinión

A orixinalidade no cine en perigo de extinción

Calendar-empty  7 de setembro de 2025

Como amantes do cine, moitas veces atopámonos nostálxicos, lembrando aquelas épocas douradas onde cada estrea era unha porta a un universo novo, unha historia xamais contada que nos facía soñar e reflexionar. Por desgraza, non vos parece que a día de hoxe a industria cinematográfica está a sufrir unha crise de orixinalidade sen precedentes? Miramos […]

Ler máis

Verán sen pantalla: descanso do cinéfilo

Calendar-empty  28 de xuño de 2025

Despois de varios meses de actividade intensa no blog, chega o momento de facer unha pausa. Durante os meses de xullo e agosto vou descansar para cargar pilas e preparar o que está por vir. Retomo a actividade o primeiro sábado de setembro, continuando co ciclo de Kevin Smith que temos a medias. Aínda quedan […]

Ler máis

Ciclo de cine de Kevin Smith

Calendar-empty  23 de maio de 2025

Hoxe dou comezo a unha nova aventura cinéfila: un ciclo adicado a Kevin Smith. A idea é revisitar primeiro os filmes que compoñen o View Askewniverse e logo explorar o resto da súa filmografía en orde de estrea creando unha nova crítica cada sábado ata completar este ciclo. Este proxecto ten para min unha gran […]

Ler máis

Canso do UCM e o seu declive

Calendar-empty  14 de febreiro de 2025

Hoxe estréase nos cines a última do Capitán América e non creo que a vexa nin por streaming. O Universo Cinematográfico de Marvel (UCM) foi, durante unha década, un dos maiores fenómenos do cine. As súas primeiras fases trouxeron un enfoque novo e emocionante aos filmes de superheroes, combinando narrativas entrelazadas, humor e espectáculos visuais […]

Ler máis