Críticas persoais sobre as películas e series que vou descubrindo

Portada de Jason Bourne

Jason Bourne (2016)

4/10

Cando unha historia está pechada, ás veces é mellor deixala estar. Esta cuarta entrega da saga Bourne achégase ao desastre.

Calendar-empty  22 de novembro de 2025

★4/10 - Cando unha historia está pechada, ás veces é mellor deixala estar. Esta cuarta entrega da saga Bourne achégase ao desastre.

Un tropezo totalmente innecesario

Despois do remate case perfecto de The Bourne Ultimatum, a nova de que volvía Jason Bourne no 2016 pillounos a moitos coa garda baixa. A verdade é que esta saga estaba pechada, e a miña pregunta é: por que volver a ela? Non só volvemos revivir ás vellas glorias, senón que o filme cambia por completo a dinámica que tanto nos gustaba. De súpeto, estamos metidos nunha trama con demasiada informática pouco realista, onde hackers teclean sen parar e barras de carga avanzan en pantallas de forma máxica. Esa non é a esencia de Bourne, e nótase.

A saga sempre se caracterizou por ter esa espionaxe sutil, discreta, que pasa totalmente inadvertida para as autoridades e onde os danos colaterais son relativamente leves. Aquí, pola contra, atopamos algo moi burdo. De súpeto, atopamos a un axente que mata civís, policías e calquera que se poña no seu camiño sen inmutarse e a un Bourne que case se ve movido pola vinganza. Onde quedou aquel home que loitaba por controlar o seu pasado e minimizar os danos? Esta nova faceta, tan brutal e descontrolada, fai que a película perda a esencia totalmente e se afaste do que fixo grande a Jason Bourne.

Ademais, a trama tampouco acaba de ser convincente. Non acabas de entender por que involucran a Bourne para logo acabar obtendo algo que, en realidade, non ten nada que ver con el. Faltoulle unha conexión forte e un motivo de peso para xustificar o seu regreso á acción. É coma se buscasen unha escusa calquera para traelo de volta, sen importar a coherencia ou a calidade do guión.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *