
Young Sheldon (2017-2024)
Unha serie excepcional que destaca pola súa calidade narrativa e as súas interpretacións impecables. Unha xoia para rir, emocionarse e, sobre todo, disfrutar
25 de xaneiro de 2025
★9/10 - Unha serie excepcional que destaca pola súa calidade narrativa e as súas interpretacións impecables. Unha xoia para rir, emocionarse e, sobre todo, disfrutar
Humor e emoción en doses perfectas
Poucas series logran equilibrar humor, emoción e unha narrativa ben estruturada como o fai Young Sheldon. Esta precuela de The Big Bang Theory expande o universo do excéntrico Sheldon Cooper, ofrecendo unha visión máis humana e entrañable do personaxe na súa infancia. Cun guión sólido e un reparto excepcional, a serie transcende o seu punto de partida para converterse nunha xoia independente.

Un dos grandes puntos fortes de Young Sheldon é o seu elenco. Iain Armitage abraia no papel do pequeno Sheldon, capturando á perfección a esencia do personaxe mentres lle aporta un toque propio e conmovedor. Zoe Perry como Mary e Lance Barber como George destacan tamén coas súas interpretacións, equilibrando humor e emotividade dunha forma que fai que a dinámica familiar sexa o verdadeiro centro da serie. Raegan Revord, no papel de Missy, merece unha mención especial; a súa presenza destaca dende os primeiros episodios e mantense como un dos elementos máis memorábeis.
A mestría desta serie reside no seu guión, que combina comedia e drama dun xeito natural. Non só explora o humor peculiar de Sheldon, senón que tamén afonda nas relacións familiares e nos retos de medrar nunha contorna que moitas veces non comprende a singularidade do protagonista. Esta mestura de xéneros dá lugar a momentos inesquecíbeis que deixan pegada no espectador.
Chegar ao final de Young Sheldon significa despedirse dunha familia televisiva que medrou connosco ao longo de varios anos. A conexión cos personaxes é tan forte que, ao rematar, queda un baleiro difícil de encher. Non só complementa a historia de The Big Bang Theory, senón que brilla como unha obra independente que pode ser gozada por calquera, tanto polos fans da súa predecesora como por novos espectadores.