Críticas persoais sobre as películas e series que vou descubrindo

Portada de La La Land

La La Land (2016)

9/10

Unha obraque combina talento actoral, músical e unha narrativa profundamente humana. La La Land é un tributo aos soños, ao amor e á beleza do cine. Absolutamente imprescindíbel.

Calendar-empty  29 de marzo de 2025

★9/10 - Unha obraque combina talento actoral, músical e unha narrativa profundamente humana. La La Land é un tributo aos soños, ao amor e á beleza do cine. Absolutamente imprescindíbel.

Unha obra mestra do cine musical moderno

La La Land, dirixida por Damien Chazelle, é un filme que redefine o xénero musical mesturando talento actoral, unha banda sonora inesquecible e unha narrativa emocionalmente poderosa. Non é só un tributo aos musicais clásicos, senón unha creación única que brilla pola súa autenticidade e ambición.

Un reparto que deslumbra

Ryan Gosling e Emma Stone en La La Land

Ryan Gosling é, sen dúbida, un dos actores máis polifacéticos que se recordan, e en La La Land demostra unha vez máis o seu talento. A súa capacidade para tocar e cantar en vivo, ademais da súa interpretación carismática, engade unha autenticidade que eleva o filme. Emma Stone, pola súa parte, é unha superactriz en todos os sentidos. O seu traballo nesta película non só destaca pola súa capacidade actoral, senón tamén pola súa sorprendente habilidade vocal. Xuntos, forman unha parella que brilla en pantalla, cunha química que fai que cada escena compartida sexa máxica e emocionalmente impactante.

Menuda banda sonora

A banda sonora, composta por Justin Hurwitz, é un dos puntos máis fortes da película. Combina á perfección o musical cantado co jazz, creando temas que permanecen na mente moito despois de que remate o filme. É unha desas bandas sonoras que se converten en habituais en calquera lista de reprodución, e non é casualidade que sexa un dos álbums que adoito ter no meu Spotify Wrapped. Desde o icónico City of Stars ata o enérxico Another Day of Sun, cada tema é unha xoia en si mesmo.

Fotografía e escenarios: a maxia feita realidade

Outro aspecto destacable é a fotografía. As cores vibrantes, os xogos de luz e a composición das escenas son visualmente impecables. Pero se algo eleva o filme a outro nivel é o feito de que os escenarios son reais, algo que engade unha dificultade extra por temas de iluminación e clima. A pesar diso, cada plano parece saído dun cadro, e as tomas longas con coreografías complexas son unha verdadeira proeza técnica. O resultado é un filme que é tan agradable de ver como de escoitar.

Unha narrativa emotiva e universal

O prato forte de La La Land é, sen dúbida, a súa narrativa. A historia de amor entre os personaxes principais está contada dun xeito puro e xenial, presentando ao espectador como se coñecen, como se namoran e como afrontan unha das decisións máis difíciles da vida: elixir entre o amor e perseguir os seus soños. Esta dualidade está tratada cunha sensibilidade que poucos filmes logran, facendo que o final sexa tan conmovedor como realista.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *